A Xunta participa na presentación do Camiño inglés na Escola para dar a coñecer os valores xacobeos entre os mozos

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, participou na presentación do proxecto O Camiño Inglés na Escola no CEIP Plurilingüe do Camiño Inglés en Oroso

Trátase dunha iniciativa coa que se pretende dar difusión aos valores xacobeos entre os mozos de educación primaria dos concellos polos que transcorre o Camiño Inglés

Sigüeiro (Oroso), 21 de outubro de 2022

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, participou na presentación do proxecto O Camiño Inglés na Escola no CEIP Plurilingüe do Camiño Inglés en Oroso, iniciativa mediante a que se pretende dar difusión dos valores xacobeos aos mozos de educación primaria dos concellos polos que transcorre esta ruta.

 

No desenvolvemento da actividade, un grupo de alumnos de 3º de primaria participou no xogo da oca do Camiño Inglés, un xogo deseñado e adaptado ao Camiño, con ilustracións personalizadas co máis representativo de cada unha das etapas, así como diversas personaxes relacionadas con este roteiro que serven como figuras para o xogo.

 

Durante a súa intervención, Nava Castro incidiu na importancia da divulgación e o coñecemento da cultura e o patrimonio que rodea aos Camiños Xacobeos, e especialmente entre os máis mozos, xa que desta maneira se colabore na salvagarda do rico patrimonio cultural da nosa comunidade.

 

Neste senso, Castro agradeceu á Asociación de Concellos do Camiño Inglés a súa aportación á conservación da cultura Xacobea e o seu empeño pola realización de actividades tan importantes como este proxecto para que as novas xeracións poidan desfrutar das riquezas culturais que as rutas Xacobeas nos aportan.

Imaxes relacionadas