‘Sofía’ e Mateo’ son os nomes máis frecuentes das nenas e nenos que nacen en Galicia

O IGE publica hoxe a ‘Estatística de nomes dos neonatos galegos’ correspondente ao ano 2021

Os nomes máis empregados para as nenas seguen a ser -ao igual que en 2020- ‘Sofía’ e ‘Noa’, seguidos de ‘Martina’ e ‘Lara’,

En canto aos masculinos, destacan ‘Mateo, ‘Martín’, ‘Hugo’ e ‘Leo’

Santiago de Compostela, 21 de outubro de 2022

O Instituto Galego de Estatística (IGE) publica hoxe a ‘Estatística de nomes dos neonatos galegos’ correspondente ao ano 2021, que reflicte que ‘Sofía’ e ‘Mateo’ seguen a ser os nomes máis frecuentes das nenas e nenos nados en Galicia.

 

Os nomes de mulleres máis comúns son ‘Sofía’, ‘Noa’, ‘Martina’, ‘Lara’ e ‘Valeria’, que continúan nas primeiras cinco posicións se se compara co 2020.

 

En canto aos nomes masculinos, a estatística mostra que os cinco máis frecuentes son ‘Mateo’, ‘Martín’, ‘Hugo’, ‘Leo’ e ‘Lucas’. A comparativa co ano 2020 reflicte que estes eran tamén os nomes preferentes nese ano, coa diferencia de que ‘Lucas’ estaba no terceiro lugar e no 2021 baixa ata o quinto posto, por detrás de Hugo e Leo, que ocupan o terceiro e cuarto posto respectivamente.

 

Por outra banda, se se amplía a mostra e se teñen en conta os 20 primeiros nomes, pódese ver como en 2020, no caso dos nenos, todos os nomes se manteñen na lista, agás ‘Iago’, ‘Anxo’, ‘Mario’ e ‘Adrián’ que dan paso no 2021 a ‘Roi’, ‘Bruno’, ‘Luca’ e ‘Alejandro’.

 

En canto ás nenas, no 2021 incorpóranse ‘Emma’ e ‘Lola’ e desaparecen do listado dos 20 primeiros ‘Alma’ e ‘Uxía’.

 

Estatística sobre os nomes máis frecuentes da poboación

O IGE tamén dispón da ‘Estatística sobre os nomes máis frecuentes da poboación’ a través da cal se pode coñecer a evolución histórica dos nomes en función da comarca, o xénero ou a década (desde antes de 1930 ata a década actual).

 

Esta estatística ofrece información relativa aos nomes da poboación que ten fixada a súa residencia na Comunidade Autónoma de Galicia, e permite tamén coñecer a distribución comarcal de calquera nome. Pódese consultar no seguinte enlace:

 
 
 

NOMES MÁIS FRECUENTES EN 2020 E 2021

 
 
NENOS
NENAS
 
2020
2021
 
2020
2021
1
      Mateo
Mateo
1
Sofía
Sofía
2
Martín
Martín
2
Noa
Noa
3
Lucas
Hugo
3
Martina
Martina
4
Hugo
       Leo
4
Lara
Lara
5
Leo
Lucas
5
Valeria
Valeria
6
Gael
Enzo
6
Daniela
Daniela
7
Enzo
Manuel
7
Lucía
Olivia
8
Manuel
Roi
8
Vega
Sara
9
Daniel
Gael
9
Sara
Mia
10
Brais
Alex
10
Vera
Lucia
11
Iago
Antón
11
Lía
Lía
12
Anxo
Izan
12
Mía
Valentina
13
Antón
Daniel
13
Carmen
Vera
14
Marco
Pablo
14
Julia
Vega
15
Pablo
Marco
15
Alma
Julia
16
Xoel
Brais
16
Valentina
Sabela
17
Alex
Bruno
17
Olivia
Carmen
18
Izan
Xoel
18
Carla
Emma
19
Mario
Luca
19
Sabela
Carla
20
Adrián
Alejandro
20
Uxía
Lola

Imaxes relacionadas