Presentación do libro “Farruca” de Belén Presas na Casa de Galicia en Madrid

Madrid, 19 de outubro de 2022 A Casa de Galicia en Madrid acolleu a presentación do poemario “Farruca”, da xornalista Belén Presas, que estivo acompañada por Toni Alcolea, editor do libro e por Ferrán Garrido, presentador de RTVE. 

Belén Presas, nacida en Vigo en 1992, traballou en medios de comunicación, organismos internacionais e actualmente centra a súa actividade na empresa privada, especializada nas áreas de recursos humanos e comunicación corporativa.  

Para escribir os seus poemas, Belén inspírase no cotián, “nas persoas, os sentimentos e a beleza que se atopa en calquera lugar tentando ver a vida e as situacións cos ollos dos demais”, afirmou a autora. 

“Farruca” achega unha visión intimista e á vez universal do mundo e os nosos sentimentos, explorando a claridade que outorga o sufrimento, o amor como reflexo da persoa amada e o paso do tempo como unha viaxe transformadora que nos ofrece oportunidades cada día. Con este poemario, a autora aspira a aceptar a vida e os seus distintos momentos, gozando do inesperado da viaxe. 

Pola súa banda, Ferrán Garrido non dubidou en afirmar que “este é o libro que me tería gustado escribir a min”.

 

Imaxes relacionadas