A Xunta inclúe uns investimentos iniciais por 17,8 M€ para as comarcas do Condado, A Paradanta e O Baixo Miño no proxecto dos Orzamentos 2023

As bisbarras do Condado e A Paradanta roldarán os 10 M€ con actuacións na PLISAN, os plans Hurbe de Crecente, Arbo e Salvaterra, as obras de saneamento e abastecemento en Salvaterra, Arbo e Ponteareas ou os centros de saúde de Salvaterra e Crecente

No Baixo Miño o principal investimento é a continuidade do enlace de Areas da VAP Tui-A Guarda con 6,7 M€, aínda que tamén hai partidas para a mellora do peirao da Pasaxe na Guarda, o plan Rexurbe de Tui ou o PEP do Calvario no Rosal, entre outras

“A Xunta de Galicia é a administración que máis inviste, de longo, no sur da provincia, pero estes investimentos só son un punto de partida que se incrementará coas ordes e plans que xurden ao longo do ano ou con outras obras xa comprometidas, como a ampliación do IES Alonso Ríos de Tomiño ou a mellora hidráulica de Viladesuso en Oia”, detallou Luis López