Hoxe comeza a campaña electoral ás vogalías das xuntas xerais das confrarías de Galicia e estenderase ata o 27 de outubro

Un total de 1.670 traballadores e de 991 empresarios do mar son candidatos a vogais dos órganos de xestión dos pósitos
 

Os comicios desenvolveranse en tres partes, celebrándose en primeiro lugar as eleccións nas confrarías e despois tanto nas tres federacións provinciais como na Federación Galega de Confrarías de Pescadores

Santiago de Compostela, 20 de outubro de 2022 Un total de 1.670 traballadores e 991 empresarios do sector do mar aspiran a ocupar algunha das vogalías das xuntas xerais da súa confraría de pescadores nas eleccións para a renovación dos órganos reitores destas entidades no conxunto de Galicia. Unha vez proclamadas as candidaturas definitivas, hoxe iníciase a campaña electoral, que se prolongará ata o 27 de outubro, día incluído, sendo o 28 de outubro a xornada de reflexión e o 29 o día das votacións.

 

 

Unha vez electos os vogais da xunta xeral, tomarán posesión dos seus cargos na sesión constitutiva, que debe celebrarse na sede da confraría no prazo máximo de cinco días desde a súa proclamación definitiva. Nese primeiro pleno da sesión constitutiva da xunta xeral iniciarase o procedemento para elixir a patroa ou patrón maior, as vicepatroas ou vicepatróns e os vogais do cabido.

 

Os membros da xunta xeral elixirán por maioría simple en primeira volta á patroa ou patrón maior entre os candidatos. En caso de empate, repetiranse as votacións en segunda volta e, de manterse o empate, resolverase a favor do de maior antigüidade na confraría. Se aínda así persistise o empate, resolveríase a favor do de maior idade.

 

No mesmo acto e xusto a continuación, a xunta xeral elixirá de entre os seus membros as vicepatroas e vicepatróns primeiro e segundo e os vogais do cabido, respectando a paridade e proporcionalidade que se estableceu para a xunta xeral.

 

A resolución pola que se convocan estas terceiras eleccións unificadas ás confrarías de pescadores de Galicia saíu publicada no Diario Oficial de Galicia o pasado 5 de setembro. De acordo coa normativa de aplicación, os comicios desenvólvense en tres fases. En primeiro lugar realízanse as eleccións nas distintas confrarías de Galicia, despois celebraranse as votacións nas tres federacións provinciais -A Coruña, Lugo e Pontevedra- e finalmente elixirase ao presidente da Federación Galega de Confrarías de Pescadores.

 

Anéxase a táboa co número de candidatas ou candidatos a vogais das xuntas xerais de cada unha das confrarías*:

 
CONFRARÍA

TOTAL CANDIDATOS XUNTA XERAL

CANDIDATOS EMPRESARIOS

CANDIDATOS TRABALLADORES

A CORUÑA
21
11
10
A GUARDA
53
8
45
A ILLA DE AROUSA
38
19
19
A POBRA
27
14
13
ALDÁN-HÍO*
60
39
21
ARCADE
31
14
17
ARES-REDES*
16
5
11
BARALLOBRE
50
40
10
BUEU
18
10
8
BURELA*
292
49
243
CABO DE CRUZ
50
35
15
CAIÓN*
19
4
15
CAMARIÑAS
42
26
16
CAMBADOS
46
24
22
CAMELLE
26
7
19
CANGAS
25
14
11
CARIÑO*
63
34
29
CARREIRA-AGUIÑO
31
22
9
CARRIL
46
24
22
CEDEIRA*
150
51
99
CELEIRO
17
9
8
CORCUBIÓN
15
7
8
CORME*
77
21
56
ESPASANTE*
21
7
14
FERROL
38
22
16
FISTERRA
14
7
7
FOZ*
38
4
34
LAXE
25
15
10
LIRA-CARNOTA
20
6
14
LORBÉ*
22
9
13
LOURIZÁN
28
9
19
MALPICA*
214
50
164
MERA
12
5
7
MIÑO
15
4
11
MOAÑA
17
9
8
MUGARDOS
29
7
22
MUROS
18
9
9
MUXÍA
27
17
10
NOIA
48
24
24
O BARQUEIRO*
22
6
16
O GROVE
35
14
21
O PINDO*
14
1
13
O VICEDO*
13
6
7
PALMEIRA
14
5
9
PONTEDEUME
21
9
12
PONTEVEDRA
38
13
25
PORTO DO SON
12
6
6
PORTONOVO
30
17
13
PORTOSÍN
19
10
9
RAXÓ
26
14
12
REDONDELA
179
17
162
RIANXO
31
12
19
RIBADEO*
22
4
18
RIBEIRA
48
25
23
SADA
66
10
56
SAN CIBRAO*
29
10
19
SANXENXO
21
16
5
VIGO
32
25
7
VILABOA
31
6
25
VILANOVA
83
67
16
VILAXOÁN
76
7
69
 
2.661
991
1.670
 

* Nestas confrarías non se presentou ningunha candidatura, polo tanto todos os membros do censo que cumpren os requisitos son elixibles.

 

* Non se inclúen os datos das confrarías de Baiona e Marín.