A Xunta inclúe uns investimentos iniciais por 35,7 M€ para as comarcas de Deza e Tabeirós-Montes no proxecto dos Orzamentos Autonómicos 2023

O Concello de Lalín dispón de partidas para o remate do Centro Integral de Saúde, todos os edificios de servizos rurais e de extinción de lumes, para saneamento ou a rehabilitación da Casa de Don Álvaro ata alcanzar un importe de 19,6 M€

A Estrada ten, como principal novidade, unha partida de 1,12 M€ para a senda peonil da PO-841 e fondos para a autovía AG-59, a mellora da residencia, o abastecemento de Tabeirós e Nigoi, a construción do xulgado e a ampliación do IES Losada Diéguez para situarse en 13,8 M€

“Trátase dun punto de partida importante, que atende ás necesidades principais e que ben seguro que vai medrar cos plans, convenios ou ordes que aparecen ao longo do ano ou con outras partidas xa comprometidas que aparecen de xeito xenérico para o novo consistorio de Silleda ou a reforma dos dous colexios de Forcarei, por só citar dous exemplos”, detallou Luis López

Pontevedra, 20 de outubro de 2022

A Xunta de Galicia inclúe uns investimentos iniciais de 34,7 millóns de euros para as comarcas de Deza e Tabeirós-Terra de Montes no proxecto de Orzamentos 2023, segundo revelou hoxe o delegado territorial de Pontevedra, Luis López, durante o acto de presentación territorializada das contas.

“A Xunta de Galicia é a administración que máis inviste, de longo, nestes oito concellos de interior, xa que o punto de partida en investimentos sitúase nestes 34,7 millóns de euros, unha contía recollida de xeito específico e nominativo, que xurde do noso compromiso con este territorio do norte da provincia e que vaise ampliar con total seguridade a través dos plans, convenios, ordes de axudas ou novos proxectos que xurden ao longo do ano”, manifestou o representante autonómico, que desvelou que o investimento por cidadán supera os 550 euros, “unha contía moi superior á que adican as demais institucións nestas bisbarras e que reflicte a nosa aposta por esta zona”.

“Movémonos nunha cifra inicial de investimentos moi similar á do ano pasado, oscilando entre os 30 e os 40 millóns de euros, o que demostra que o noso compromiso con Deza e Tabeirós-Montes é algo firme, programado e coherente, que pretende ter continuidade no tempo e dar solucións de progreso de xeito sostido, sen atender a cuestións alleas ao benestar dos cidadáns e á mellora das infraestruturas e dos servizos públicos”, concretou Luis López.

O delegado territorial explicou que as contas da Xunta abranguen as principais necesidades da zona con investimentos en solo empresarial, servizos sociais, sanidade, infraestruturas e seguridade viaria, medio rural, abastecemento, saneamento ou educación e recalcou que “trátase dun punto de partida moi importante, pero que xa se pode considerar afortunadamente como superado pois existen outros fondos xa comprometidos que aparecen en partidas xenéricas para obras coñecidas por todos, como o novo consistorio de Silleda ou a reforma dos dous colexios de Forcarei, por citar só dous exemplos”, detallou Luis López.

 

O Concello de Lalín vai dispoñer de investimentos por ata 19,6 millóns de euros con partidas específicas nos Orzamentos 2023 da Xunta para a ampliación do polígono Lalín 2000, as obras, o equipamento e o servizo informático do Centro Integral de Saúde, os diversos edificios de servizos rurais e para a extinción de lumes forestais, que inclúen a nova base de helicópteros por 3,8 millóns nun proxecto plurianual, a extensión da rede de saneamento ou o comezo da rehabilitación da Casa de Don Álvaro.

Pola súa banda, o Concello da Estrada contará o vindeiro ano con actuacións por 12,8 millóns de euros que contemplan a mellora da residencia pública de maiores, actuacións en materia de solo industrial, a autovía AG-59 cara a Ramallosa, a dotación de abastecemento de auga para Tabeirós e Nigoi, a construción do novo xulgado, a ampliación do IES Losada e, como principal novidade, a construción dunha senda peonil na estrada PO-841 para favorecer a seguridade viaria.

Principais investimentos 2023 da Xunta nas comarcas de Deza e Tabeirós-Montes

Lalín

Ampliación do polígono Lalín 2000

1.380.000
A Estrada
Dotación de solo industrial
250.000
A Estrada
Modernización da residencia
1.000.000
A Estrada
Continuidade da Autovía AG-59
5.000.000
A Estrada
Senda peonil da PO-841
1.120.000
Lalín
Centro Integral de Saúde
7.420.000
A Estrada

Abastecemento de Tabeirós e Nigoi

410.000
Lalín

Obras de saneamento e depuración

6.110.000
Lalín

Mellora do servizo de prevención de lumes

440.000
A Estrada
Construción do novo xulgado
2.000.000
Lalín
Edificio de servizos rurais
1.500.000
Lalín

Taller de vehículos de prevención de lumes

1.300.000
Lalín

Nova base de helicópteros de prevención

1.000.000
A Estrada

Ampliación do IES Losada Diéguez

3.000.000
Lalín

Rehabilitación da Casa de Don Álvaro

200.000
Lalín/Dozón/Rodeiro/Agolada
Obradoiros de Emprego
655.000
Rodeiro
Mellora integral do CPI
513.000
Cerdedo-Cotobade
Mellora da PO-230 e PO-234
1.000.000
Cerdedo-Cotobade
Travesía de Tenorio
310.000
Agolada/Cruces/Silleda
Redacción do PXOM
73.000
Dozón

Redacción do Plan Básico Municipal

23.000
A Estrada

Fundación de Exposicións e Congresos

45.000
A Estrada
Pista de Atletismo
1.000.000