A Xunta inclúe uns investimentos iniciais por 88,1 M€ para o Concello de Pontevedra no proxecto dos Orzamentos autonómicos 2023

O delegado territorial, Luis López, informou das contas para a cidade, que medran un 14% con respecto ás actuacións de 2022, “e cumpren co obxectivo do Goberno galego de adicar 240 M€ en tres anos para completar a modernización de infraestruturas e servizos públicos no municipio”


“A Xunta é a administración que máis inviste, de longo, na cidade, cunha media de 1.060 euros por habitante e ademais as actuacións deseñadas apostan pola sanidade, a seguridade viaria, o saneamento, os servizos sociais, a educación, a vivenda e o deporte”, manifesta
 

O Hospital Público Gran Montecelo, a residencia de Campolongo, as estradas autonómicas cara Marín e Xeve, o remate do plan de depuración da ría, a rehabilitación do IES Valle Inclán, as obras deportivas e o comezo da restauración do Pazo de Lourizán, principais investimentos
 

Pontevedra, 20 de outubro de 2022 A Xunta de Galicia inclúe uns investimentos iniciais de 88.161.250 euros para o Concello de Pontevedra no proxecto de Orzamentos 2023, segundo revelou hoxe o delegado territorial, Luis López, na presentación das contas para a cidade e as comarcas das Terras de Pontevedra, Caldas e Morrazo Norte nun acto celebrado na estrada autonómica PO-546 en dirección a Marín á altura do Pazo de Lourizán.

“O punto de partida para Pontevedra por parte da Xunta xurde do noso compromiso con esta cidade e está fixado en máis de 88 millóns de euros, unha contía que vaise ampliar con total seguridade a través dos plans, convenios, ordes de axudas ou novos proxectos que xurden ao longo do ano”, manifestou o representante autonómico, que estivo acompañado polos xefes territoriais de Presidencia, Sanidade, Política Social, Educación e Patrimonio.

Luis López recalcou que os investimentos autonómicos para o Concello de Pontevedra medrarán o vindeiro ano nun 14%, xa que incrementaranse dos 77,1 millóns de euros das contas en vigor ata superar os 88 millóns nas do vindeiro exercicio. “Estamos a cumprir co obxectivo de adicar, dende o Goberno galego, máis de 240 millóns de euros en tres anos, correspondentes ao período 2022-2024, a completar a modernización de infraestruturas e servizos públicos na capital provincial”, apostillou.

O delegado territorial recalcou que a Xunta “é a institución que máis inviste, de longo, na cidade de Pontevedra, cunha media de 1.060 euros por habitante, o que non resiste comparación ningunha coas demais administracións, e ademais as actuacións deseñadas abranguen todos os ámbitos, apostando pola sanidade, as infraestruturas e a seguridade viaria, o saneamento, malia que se trata dunha competencia municipal, os servizos sociais, a educación, a vivenda e o deporte”.

O delegado territorial salientou que, ademais, das actuacións da Consellería de Infraestruturas, presentadas na xornada de onte pola súa titular, Ethel Vázquez, e centradas no Gran Montecelo, as estradas e o saneamento, tamén se recollen especificamente investimentos para a residencia de Campolongo, a construción de vivendas públicas, a rehabilitación integral do IES Valle Inclán, a mellora do Centro Galego de Tecnificación Deportiva ou o comezo da restauración do Pazo de Lourizán

“Os principais investimentos, por contía ou singularidade, superan claramente os 80 millóns de euros, pero as contas da Xunta tamén contemplan para Pontevedra outras partidas para obras e equipamentos nos xulgados e no edificio administrativo de Benito Corbal, a iluminación de Ponte Sampaio, o remate da estación intermodal ou investimentos en innovación ata alcanzar os citados 88 millóns”, significou o delegado.

Actuacións nas comarcas

Por outra banda, Luis López tamén concretou os investimentos para as comarcas de Pontevedra e Caldas e os municipios de Marín e Bueu, que pertencen á area territorial e se sitúan na mesma marxe da ría de Pontevedra. Para todos eles, incluíndo a cidade, os Orzamentos 2023 contemplan uns investimentos de 105,73 millóns de euros, xa que os municipios da contorna levarán uns 17,5 millóns de euros destacando principalmente os 4,6 millóns en Marín, os 1,5 millóns de Poio , os 1,7 millóns de Bueu, os 1,8 millóns da Lama, os 1,4 millóns de Cerdedo-Cotobade ou os 3,7 millóns de Pontecesures.

Principais investimentos 2023 da Xunta en Pontevedra

Hospital Público Gran Montecelo

63.900.000

Equipamento sanitario do CHOP

9.200.000

Modernización da residencia de Campolongo

4.000.000

Mellora do Centro Avelino Montero

1.000.000

Punto de Encontro Familiar

300.000

Construción de Vivendas de Promoción Pública

1.160.000

Mellora da Estrada PO-546 cara Marín

6.500.000*

Mellora das Estradas PO-223 e PO-224 en Xeve

6.500.000*

Remate da Estación Intermodal

460.000
Variante de Alba
100.000

Iluminación de Ponte Sampaio

210.000

Canalizacións de augas pluviais

130.000

Remate do emisario submarino

1.440.000

Obras no Centro Galego de Tecnificación Deportiva

1.450.000

Plan Enerxía Deporte

952.000

Obras en edificios administrativos

750.000

Melloras no Imelga e os edificios xudiciais

501.000

Investimentos en innovación dos programas Hub e de Fabricación

305.000

Restauración do Pazo de Lourizán

300.000

Rehabilitación integral do IES Valle Inclán

2.000.000

*Esta partida compartida de 6,5 millóns de euros ten, como actuacións nominativas, estas dúas en Pontevedra e outras dúas nos concellos de Poio e Vigo.

 

Principais investimentos 2023 da Xunta nas comarcas de Pontevedra, Caldas e Morrazo Norte

Marín
Mellora da residencia
1.000.000
Marín
Hurbe: convenio do auditorio
500.000
Marín
Saneamento do río Lameira
3.130.000
Poio
Ampliación da Lonxa de Campelo
359.000
Poio

Mellora do acceso ao peirao de Raxó

639.000
Poio

Senda peonil na estrada PO-308 en Combarro

6.500.000*
Bueu

Senda peonil na estrada PO-315 en Beluso

2.700.000**
Bueu
Conservación do Museo Massó
996.000
Barro

Redacción do proxecto do centro de saúde

200.000
Ponte Caldelas

Mellora na Central de Transportes

229.000
A Lama

Planta de Transferencia de Sogama

866.000
A Lama/Cerdedo-Cotobade

Mellora das Estradas PO-230, PO-234 e PO-235

2.000.000
Cerdedo-Cotobade
Senda da Travesía de Tenorio
300.000
Campo Lameiro
Saneamento de Reboredo
200.000
Vilaboa
Depuración en San Simón
470.000
Caldas de Reis

Redacción do proxecto do IES Aquis Celenis

200.000
Caldas de Reis

Saneamento de Paradela e Reguengo

400.000
Caldas/Cuntis/Moraña
Convenio do encoro da Baxe
410.000
Caldas/Moraña/Valga
Obradoiros de emprego
655.000
Pontecesures
Parque empresarial
2.960.000
Pontecesures
Obras deportivas
714.000

*Esta partida compartida de 6,5 millóns de euros ten, como actuacións nominativas, esta no Concello de Poio e outras tres nos municipios de Pontevedra e Vigo.

**Esta partida compartida de 2,7 millóns de euros ten, como actuacións nominativas, esta no Concello de Bueu e outras tres nos municipios de Arbo, Salvaterra e Cangas do Morrazo.

Imaxes relacionadas