A Xunta destina preto de 18 M€ a medidas para facerlle fronte á ciberdelicuencia
O director xeral de Xustiza, José Tronchoni, e o director da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, Julián Cerviño, participaron hoxe na apertura da XI Xornada de Informática Xudicial e Delitos Informáticos ‘IuristicGal2022’, organizada polo Colexio Profesional de Enxeñaría Técnica en Informática de Galicia co apoio do Goberno galego
A Xunta aposta polo fomento da ciberseguridade nas institucións, as empresas e no conxunto da sociedade a través dun un decálogo de medidas de colaboración entre administracións e cos sectores privados nas que investirá 18 millóns de euros. Unha exemplo desta cooperación é o Nodo CIBER.gal, a primeira estrutura de colaboración público-privada na materia en España que une súas forzas e recursos para identificar, deseñar e executar accións para facerlle fronte ás ameazas cibernéticas .
Así o afirmaron o director xeral de Xustiza, José Tronchoni, e o director da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) Julián Cerviño, na apertura da XI Xornada de Informática Xudicial e Delitos Informáticos IuristicGal2022, organizada polo Colexio Profesional de Enxeñaría Técnica en Informática de Galicia co apoio do Goberno galego.
Dixitalización da xustiza
Pola súa banda, o director da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia lembrou que “hai máis de dez anos puxemos en marcha unha ambiciosa iniciativa para a dixitalización da xustiza, que se materializou a través dos plans Senda 2014 e Senda 2020.” Unha década na que Galicia reforzou as infraestruturas tecnolóxicas no eido xudicial; implantou os sistemas de xestión procesual para xuíces, letrados, empregados públicos e fiscais así como a sinatura dixital en todos os órganos xudiciais; puxo en marcha todas as pezas do expediente xudicial electrónico; desenvolveu unha rede de videoconferencias que dá servizo a todos os órganos xudiciais e foi a primeira comunidade en poñer en marcha a sede electrónica xudicial.