Os efectivos da Brilat completan no 112 Galicia a súa formación sobre a xestión das emerxencias

O director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, guiou aos 65 integrantes da brigada Galicia polas instalacións do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias 112 Galicia para que coñecesen o seu funcionamento
 

Os asistentes están a cursar estudos de formación profesional sobre asistencia sanitaria, atención a múltiples vítimas e vixilancia privada e protección de explosivos

A Estrada (Pontevedra), 20 de outubro de 2022 O 112 Galicia recibiu esta mañá a un grupo de 65 soldados da Brilat de Pontevedra que están a cursar estudos de formación profesional sobre a asistencia sanitaria, a atención a múltiples vítimas e seguridade privada e protección ante explosivos.

 

O director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, guiou aos membros da Brilat polas instalacións do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia co fin de mostrar o seu funcionamento e utilidades.

 

Deste xeito, os asistentes puideron contextualizar mellor os coñecementos que están a recibir mediante unha ampla visión sobre o sistema galego de atención ás chamadas de emerxencias efectuadas a través do número 112.

 

Tamén visitaron as instalacións da Academia Galega de Seguridade Pública (AGASP), centro de referencia da formación das forzas e corpos de seguridade e dos servizos de emerxencias que traballan en Galicia.

Imaxes relacionadas