O director xeral de Maiores e Atención Sociosanitaria, Antón Acevedo, visitou hoxe as instalacións

A Xunta financia unha trintena de prazas na residencia e na unidade de alzhéimer do centro de maiores de Vilalba

Destina 400.000 euros ao ano para ofrecer ás familias estes servizos

Vilalba (Lugo), 20 de outubro de 2022

O director xeral de Maiores e Atención Sociosanitaria, Antón Acevedo, visitou esta mañá o centro de maiores de Vilalba, que conta con residencia e cun servizo de atención a persoas con alzhéimer. A Xunta de Galicia financia neste centro unha trintena de prazas: 24 residencias e 5 na unidade de alzhéimer, ás que destina preto de 400.000 euros ao ano.

 

O director xeral destacou o compromiso do Executivo autonómico cos maiores, en especial con aqueles que precisan unha atención especializada en centros residenciais. Tamén se referiu a aqueles que prefiren permanecer nas súas casas para os que se creou toda unha rede de recursos de proximidade, coas Casas do maior, o reforzo do Servizo de Axuda no Fogar (SAF) e da Teleasistencia, ou o impulso de programas como Xantar na casa e Coidados porta a porta.

 

Ademais, Antón Acevedo garantiu que a Xunta seguirá ampliando a atención ás persoas maiores, sempre tendo en conta as súas preferencias e desexos para que poidan vivir esta etapa das súas vidas como queren.

Imaxes relacionadas