A Xunta aposta pola colaboración cos economistas no eido da xustiza

Así o sinalou hoxe o director xeral de Xustiza, José Tronchoni, na inauguración das ‘Xornadas técnicas sobre a reforma concursal’ organizadas polo Colexio de Economistas de Pontevedra e o Colexio de Avogados de Vigo

Vigo, 19 de outubro de 2022

O director xeral de Xustiza, José Tronchoni, participou hoxe en Vigo na inauguración das Xornadas técnicas sobre a reforma concursal organizadas polo Colexio de Economistas de Pontevedra e o Colexio de Avogados de Vigo, onde incidiu na importancia da colaboración dos economistas co Goberno galego no eido da xustiza.

 

Nesta liña o director xeral referiuse aos acordos asinados co Consello Galego de Economistas de Galicia para a prestación de asistencia pericial, ao apoio en encontros que supoñan “estudo, actualización de coñecementos e posta en común de experiencias” e a outras facetas profesionais ou tecnolóxicas. Así, José Tronchoni sinalou que desde a Xunta xa se está a traballar para que tamén os administradores concursales economistas poidan acceder ao expediente xudicial dixital “como uns profesionais máis da xustiza, que o son”, apuntou.

 

As Xornadas técnicas sobre reforma concursal abertas hoxe prolongaranse ata mediados de decembro en oito sesión nas que se abordarán novidades en materia preconcursal, de liquidación e laboral, así como na rendición de contas, entre outros temas.

Imaxes relacionadas