O director da Casa de Galicia acude á recepción na embaixada de Xapón con motivo da despedida do embaixador

Madrid, 19 de outubro de 2022 Juan Serrano, director da Casa de Galicia asistiu na tarde de onte, en representación do presidente da Xunta, Alfonso Rueda, á recepción na embaixada de Xapón para dar a despedida ao embaixador Hiramatsu que abandonará España a final de mes, segundo comunicou aos asistentes.

 

O director da Casa de Galicia desexoulle ao embaixador e á súa esposa moita sorte no regreso ao seu país e fíxolles entrega dun peregrino da cerámica de Sargadelos da cal o embaixador é coñecedor. Así mesmo trasladou ao director o seu afecto e admiración por Galicia facendo referencia explícita a Santiago de Compostela e ao Camiño.

 

Serrano tivo a oportunidade de saudar á súa Alteza Real a Infanta Dona Elena e convidouna a visitar a Casa de Galicia.

Imaxes relacionadas