A Xunta asiste á presentación do informe sobre autonomía residencial das persoas con discapacidade elaborado pola asociación Provivienda

Santiago de Compostela, 18 de outubro de 2022

O director xeral de Inclusión Social, Arturo Parrado, participou hoxe na presentación de resultados da investigación `Mellor na casa: autonomía residencial das persoas con discapacidade’. Ademais de responsables e técnicos de Provivienda, entidade que realizou o informe, no acto déronse a coñecer experiencias de éxito como a da Asociación de Autismo Bata de Vilagarcía de Arousa ou a da Fundación Renal Íñigo Álvarez de Toledo, de Vigo.

 

A Xunta de Galicia mantén varias vías de colaboración abertas con Provivienda en iniciativas de inclusión sociolaboral e transición ao emprego; así como para o desenvolvemento do programa ‘Housing First’ dirixido a persoas sen fogar.