Rueda participa na presentación oficial dos selos do Xacobeo 21-22 e dun cuño conmemorativo da súa visita ao Uruguai

Montevideo (O Uruguai),17 de outubro de 2022.-

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, participou hoxe en Montevideo no acto de presentación oficial dun cuño e de dous selos do Xacobeo 21-22 e doutro cuño en conmemoración da súa visita ao Uruguai. No evento estiveron presentes os ministros uruguaios de Gandería, Agricultura e Pesca, Fernando Mattos, e o ministro interino de Turismo, Remo Monzeglio.

 

Alfonso Rueda destacou o papel clave da Administración Nacional de Correos para manter en contacto aos galegos a ambos lados do Atlántico e contribuír á conservación das súas raíces a milleiros de quilómetros de distancia.

 

Os dous selos do Xacobeo contan cunha imaxe da mouteira do Camiño de Santiago situada na Praza de Galicia de Montevideo, mentres que o cuño dispón dunha forma de vieira combinada coa flor nacional do Uruguai. Os servizos postais do país mantéñenos en circulación desde finais do 2021.

Imaxes relacionadas