A Xunta presentará mañá o proxecto da Torre Polivalente, primeira peza do novo hospital público da Coruña (CHUAC)

Santiago de Compostela, 16 de outubro de 2022

  A Xunta presentará mañá o proxecto da futura Torre Polivalente, que será a primeira peza do novo hospital público da Coruña, o ‘Novo CHUAC’.

A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Váquez Mourelle, e o conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, presentarán este proxecto acompañados do delegado da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, e do xerente da Área Sanitaria da Coruña, Luis Verde, así como coa participación do arquitecto Manuel Vázquez Muíño.
 
Será unha construción de torre rectangular cunha superficie construída de máis de  13.700 m2, con 16 andares e dous accesos, que se destinará a diferentes usos, tanto administrativos como de xestión sanitaria.

Imaxes relacionadas