Trenor trasladou na Xuntanza de Maiores da Baña o apoio da Xunta para vivir con plenitude esta etapa das súas vidas e contando sempre co apoio que necesitan

Na comida de confraternidade participaron 500 veciños e veciñas residentes neste municipio

A Baña (A Coruña), 15 de outubro de 2022 O delegado da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, acompañado polo alcalde de A Baña, José Andrés García, participou na XXVII edición da Xuntanza dos Maiores de A Baña, reuniu a máis de 500 veciñas e veciños.

 

No encontro tivo a ocasión de dialogar e compartir experiencias. Trenor defendeu a liberdade que teñen os maiores para vivir esta etapa das súas vidas con plenitude e contando sempre co apoio que necesitan.

 

O delegado da Xunta  sinalou que a responsabilidade das administracións públicas é escoitar e achegar solucións para aqueles maiores que deciden permanecer nas súas casas e parroquias, tal e como manifestan de maneira maioritaria, pero tamén para aqueles outros que requiren atención nun centro residencial. Ademais, defendeu a participación dos maiores en todos os ámbitos da sociedade, para que as xeracións máis novas aproveiten o seu bagaxe e coñecementos.

 
Trenor lembrouque desde 2009 duplicáronse as prazas en residencias sostidas con fondos públicos e multiplicáronse por catro as prazas en centros de día, vivendas comunitarias e centros sociais. Ademais, puxo en valor os numerosos servizos que o Goberno galego pon a disposición deste colectivo como o Servizo de Axuda no Fogar (SAF), as Casas do Maior, Coidados Porta a Porta, Xantar na Casa ou Benestar nos Balnearios.

Imaxes relacionadas