Rueda agradece o recoñecemento como visitante ilustre de Buenos Aires e lembra que os galegos teñen “unha débeda eterna de gratitude” coa capital arxentina

Buenos Aires (A Arxentina),14 de outubro de 2022 O presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, agradeceu hoxe á Lexislatura da cidade autónoma de Buenos Aires o seu recoñecemento como visitante ilustre e lembrou que os galegos teñen “unha débeda eterna de gratitude” coa capital arxentina. 

Durante a súa intervención, Rueda subliñou a “irmandade” existente entre A Arxentina e Galicia desde hai décadas e fixo especial fincapé na excelente acollida que este país americano realizou aos galegos que emigraron ao longo do século XX. Neste sentido, o titular da Xunta resaltou que a Galicia actual, unha Galicia “de liberdade, de benestar, de progreso económico e de oportunidades” non sería posible sen a pegada que cidades como Buenos Aires deixaron neses galegos.  

Rueda resaltou ademais que as relacións mantéñense agora grazas o labor da delegación da Xunta en Arxentina ou con iniciativas para promover o retorno de galegos no exterior para que melloren a súa formación ou aposten polo emprendemento en Galicia.

Imaxes relacionadas