Fernández-Tapias salienta a iniciativa cultural “Igualarte” na defensa da igualdade de xénero e na prevención da violencia e o acoso

A delegada da Xunta en Vigo participou este venres na inauguración da exposición colectiva “Igualarte”


Cun total de 20 artistas participantes, a mostra estará aberta na Confederación de Empresarios de Pontevedra ata o 31 de outubro
 

Vigo, 14 de outubro de 2022 A delegada territorial da Xunta de Galicia en Vigo, Marta Fernández-Tapias, participou este venres na inauguración da exposición colectiva “Igualarte” na Confederación de Empresarios de Pontevedra (CEP) como mostra das iniciativas culturais en defensa da igualdade de xénero e para a prevención da violencia e o acoso.

 

A representante autonómica destacou a necesidade de actividades como esta mostra en favor da igualdade de xénero. “É un dereito que debemos promover cada día sen descanso, porque lonxe de alcanzar o noso obxectivo non podemos tomarnos nin un minuto de tregua”, sinalou.

 

A exposición “Igualarte”, organizada por la Asociación Alterarte Vigo, estará aberta na CEP ata o vindeiro 31 de outubro. Un total de 20 artistas participa na mostra, convocada coa temática “Igualdade de xénero e prevención de violencia e acoso”.  

Imaxes relacionadas