O director xeral de Maiores e Atención Sociosanitaria, Antón Acevedo, acompañado do delegado da Xunta en Lugo, Javier Arias, visitaron as actividades realizadas pola entidade

A Xunta achega 30.000 euros á Asociación Carballido de Servizos Sociais para poñer en marcha ‘A Escola do Maior’

O obxectivo da iniciativa é impulsar a atención de proximidade dos maiores da contorna e paliar posibles situacións de soidade non desexada

A Fonsagrada (Lugo), 13 de outubro de 2021

O director xeral de Maiores e Atención Sociosanitaria, Antón Acevedo, acompañado do delegado da Xunta en Lugo, Javier Arias, visitou hoxe as actividades que realiza a Asociación Carballido de Servizos Sociais (Acarserso) para as que o Goberno galego achega 30.000 euros. Con estes fondos, a entidade pon en marcha o proxecto piloto A Escola do Maior que procura a atención e o coidado das persoas maiores da contorna.

 

A Xunta colabora con este programa que ten como obxectivo impulsar a atención de proximidade dos maiores que son autónomos e previr a súa dependencia. Ademais, serve para paliar situacións de soidade non desexada ao poñer á disposición dos usuarios un horario continuo de oito horas. O servizo lévase a cabo no antigo centro escolar de Carballido, parroquia da Fonsagrada.

 

Pola súa banda, o director xeral puxo en valor a aposta da Xunta de Galicia por ofrecer aos maiores de Galicia unha atención proximidade, tanto nas contornas urbanas como nas rurais. Así, destacou iniciativas postas en marcha polo Goberno galego como as Casas do maior, os autobuses de Coidados Porta a Porta ou o programa Xantar na casa.

Imaxes relacionadas