Trenor supervisa o inicio das obras de execución dunha senda e da mellora do firme na AC-221 en Abegondo
A intervención conta conta cun investimento da Xunta de 48.000 euros
A nova senda terá unha lonxitude aproximada de 140 metros e un ancho de 1,5 metros, nun espazo no que as edificacións se atopan moi próximas ao borde da calzada, polo o que será necesario desprazar o eixo da estrada
A Xunta continúa dotando as vías autonómicas de itinerarios seguros, sostibles e saudables para favorecer os desprazamentos a pé dos cidadáns
O delegado da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, acompañado polo alcalde de Abegondo, supervisaron o inicio das obras da nova senda autonómica que se vai a construír na AC-221, no concello de Abegondo.
A actuación será executada pola empresa Explotaciones Gallegas S. L. por importe de máis de 48.000 euros.
A intervención desenvolverase entre os puntos quilométricos 10+640 e 10+960, nunha zona na que non hai un espazo seguro para o tránsito peonil. Procederase, ademais, á rehabilitación do firme.
Máis en concreto, para a rehabilitación do firme empregarase formigón bituminoso en quente. Tamén se procederá a realizar a drenaxe lonxitudinal da estrada mediante unha tubaxe de 315 de PVC e sumidoiros.
A nova senda terá unha lonxitude aproximada de 140 metros e situarase no mesmo ámbito, nun espazo no que as edificacións se atopan moi próximas ao borde da calzada. Para a súa execución, será necesario desprazar o eixo da estrada para permitir que o ancho do novo itinerario acade 1,5 metros de ancho.
A Xunta continúa dotando as vías autonómicas de itinerarios seguros, sostibles e saudables para favorecer os desprazamentos a pé dos peóns, que son usuarios vulnerables das estradas.