O 061 de Galicia asistiu 85 persoas por 63 accidentes de tráfico durante a fin de semana

Desde as 15,00 horas do venres, 7 de outubro ata as 23,59 horas do domingo, 9 de outubro, a Central de Coordinación de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 recibiu 72 chamadas por accidentes de tráfico

A Estrada (Pontevedra), 10 de outubro de 2022 Urxencias Sanitarias de Galicia-061 asistiu durante a fin de semana 85 persoas debido a 63 accidentes de tráfico ocorridos nas estradas galegas. O período contabilizado comprende desde as 15,00 horas do venres, 7 de outubro, ata as 23,59 horas do domingo, 9 de outubro. O sábado foi o día que rexistrou máis sinistros, con 28 accidentes de tráfico.

 

A Central de Coordinación do 061, que xestiona e coordina os servizos prehospitalarios en casos de urxencia e emerxencia en Galicia, recibiu nestes días 72 chamadas en relación cos accidentes de tráfico. Estas alertas xeraron 63 asistencias sanitarias por parte do persoal do 061 que atendeu un total de 85 persoas. A proporción de homes e mulleres atendidos foi do 56% e do 44% respectivamente. Nas idades dos feridos, obsérvase que o 40% dos atendidos tiña entre 20 e 34 anos.

 

Por provincias, Pontevedra foi a que máis sinistros rexistrou con 30 accidentes de tráfico durante os desprazamentos destas datas.

 
Provincia
Accidentes
A Coruña
20
Lugo
8
Ourense
5
Pontevedra
30
Galicia
63
 

Os recursos sanitarios mobilizados polos médicos que atenderon as chamadas na Central de Coordinación do 061 foron 82. Así, as ambulancias asistenciais de soporte vital avanzado asistiron en sete accidentes, o helicóptero medicalizado atendeu nunha ocasión, as ambulancias asistenciais de soporte vital básico asistiron en 67 sinistros e os equipos sanitarios de Atención Primaria que completan a dotación das ambulancias asistenciais de soporte vital básico do 061, no caso de necesitalo, prestaron asistencia sanitaria en sete accidentes.

 

En 70 casos os feridos foron trasladados aos centros sanitarios correspondentes, en 14 ocasións atendeuse no propio lugar do incidente e unha persoa faleceu no punto.

 

Imaxes relacionadas