A Xunta asiste á comida de confraternidade organizada por Cogama en Vigo

Vigo, 9 de outubro de 2022

  O director xeral Maiores e Atención Sociosanitaria, Antón Acevedo, asistiu hoxe á comida de confraternidade organizada pola Confederación Galega de Organizacións de Maiores (Cogama) en Vigo. Durante o evento, sinalou a importancia de ofrecer ás persoas maiores actividades e recursos para manter un ritmo de vida activo.

 

Neste sentido, o director xeral destacou que o Goberno galego ofrece un amplo abano de programas destinados a darlles opcións no seu ocio diario. Como exemplo, citou que esta mesma semana o Consello da Xunta aprobou aumentar nun 25%, ata os 190.000 euros, o convenio coa Asociación Cultural Galega de Formación Permanente de Adultos (Ategal) para impulsar actividades dirixidas ás persoas maiores en distintas disciplinas.

 
 
 

Imaxes relacionadas