O director da Casa de Galicia en Madrid, Juan Serrano visitou onte a actividade organizada polo Centro Galego da localidade

Juan Serrano participa na Festa do Marisco Galego de Collado Villaba

Madrid, 7 de outubro de 2022

O director da Casa de Galicia en Madrid visitou na tarde de onte a localidade de Collado Villalba para participar na festa do marisco galego.

 

Á súa chegada, o director da Casa de Galicia foi recibido por Mariola Vargas, alcaldesa da localidade e Pilar López, presidenta do Centro Galego do Noroeste de Madrid á que acompañaban diferentes membros desta sociedade galega.

 

Serrano, mostrouse interesado nas actividades e proxectos que están a levar a cabo desde o centro galego e puxo á súa disposición a Casa de Galicia para colaborar en todos aqueles aspectos que puidesen servir de axuda para divulgar a cultura de Galicia na capital de España.

 

Por ultimo, o director da Casa de Galicia, presenciou co resto de asistentes unha actuación da banda de gaitas, Lume de Biqueira, que presentará nas próximas datas o libro Temperando. A gaita galega e o seu mundo, na Casa de Galicia en Madrid.

Imaxes relacionadas