A Xunta agradece a ASPACE o seu traballo para lograr que as persoas con parálise cerebral gañen en autonomía

Vigo, 6 de outubro de 2021 O director xeral de Persoas con Discapacidade, Fernando González Abeijón, participou esta mañá no acto conmemorativo do Día Mundial da Parálise Cerebral organizado pola Asociación de Familias de Persoas con Parálise Cerebral (Apamp) en Vigo. Durante o evento agradeceu o traballo diario desta entidade que permite lograr que as persoas con parálise cerebral gañen en autonomía.

 

O director xeral sinalou que o Goberno galego colabora co tecido asociativo galego para garantir que as persoas con discapacidade conten con respostas a todas as súas necesidades do seu día a día. Neste sentido, lembrou que a Administración autonómica continuará a estar do lado de Apamp e de todas as asociacións que forman parte de Aspace Galicia para seguir atendendo ás súas reivindicacións.

Imaxes relacionadas