O Plan de Nova Arquitectura Pedagóxica ten comprometidas 22 actuacións en centros educativos da área metropolitana da Coruña con máis de 2,3 M€
Trenor visitou o CEIP da Castellana de Aranga no que a Xunta investiu 216.000 euros para mellorar os servizos, a eficiencia e comodidade do centro
O Goberno galego ten en marcha nos concellos da área metropolitana 7 grandes actuacións en distintas fases: rematadas, en execución, en licitación ou para próxima licitación este ano
A maiores, este verán realizáronse 15 obras de pequena ou mediana envergadura
Ademais, está en marcha a construción dunha pista multideporte neste centro educativo con un orzamento de máis de 46.000 euros
O delegado da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, acompañado polo alcalde de Aranga, Alberto Platas, visitou esta mañá o CEIP da Castellana. Trenor puxo en valor o importante investimento realizado neste centro, de máis de 216.000 euros, no que se levaron a cabo melloras sectoriais que incluíron a substitución de toda a carpintería do edificio. Ademais, está previsto, neste mesmo centro, a construción dunha pista multideporte que conta cun orzamento de máis de 46.000 euros.
Na visita o representante do Goberno galego avanzou o desenvolvemento do Plan de Nova Arquitectura Pedagóxica na comarca da Coruña, a folla de ruta para a modernización dos centros educativos cun novo modelo de escolas poscovid. A día de hoxe, a Xunta de Galicia ten comprometidos coa área metropolitana da Coruña 2,3 millóns de euros en grandes obras en 7 centros educativos desta área nos concellos de Aranga, Abegondo, Culleredo, Curtis, Oza-Cesuras e Vilasantar. Estas actuacións atópanse en distintas fases: rematadas, en execución, en licitación ou para próxima licitación este ano
Nestas obras de gran envergadura a maior parte son rehabilitacións integrais e enerxéticas e melloras sectoriais, a través das que se mellora a eficiencia dos centros educativos (illamento térmico das fachadas, cambios de cubertas, cambio de fiestras, renovación de luminarias, etc).
No relativo ás obras de pequena e mediana envergadura realizáronse actuacións en 9 centros educativos de Arteixo, Betanzos, Cambre, Culleredo, Curtis, Mesía, Oleiros, Oza-Cesuras e Sada. Estas obras consistiron principalmente en reformas e adaptacións en diferentes zonas dos centros (como aseos e comedores), ampliacións de aulas, melloras de accesibilidade, actuacións nos peches dos recintos, así como traballos de modernización e para mellorar o confort de alumnos e profesores.
Folla de ruta pioneira
Trenor lembrou que Galicia conta desde 2021 cun Plan de Nova Arquitectura Pedagóxica co fin de adaptar os centros escolares ás novas necesidades educativas, sanitarias e tecnolóxicas, cun investimento de 191 M€ nesta lexislatura.
Trátase dunha iniciativa pioneira que busca reforzar un novo modelo de colexios e institutos na etapa poscovid, onde a arquitectura teña unha orientación educativa vinculada ás novas metodoloxías de aprendizaxe.
GRANDES OBRAS | |||
CONCELLO | CENTRO | TIPO DE OBRA | IMPORTE |
Aranga | CEIP da Castellana | Melloras sectoriais. Carpintería | 216.319,00 € |
Abegondo | CEIP Plurilingüe San Marcos | Rehabilitación Integral | 772.693,90 € |
Culleredo | CIFP Universidade Laboral | Melloras sectoriais. Cuberta | 519.632,18 € |
Culleredo | CIFP Universidade Laboral | Melloras sectoriais. Reforma instalación media tensión | 149.765,33 € |
Curtis | CEIP de Curtis | Melloras sectoriais. Carpinterías e outros | 220.220,00 € |
Oza- Cesuras | CEIP de Oza dos Ríos | Melloras sectoriais. Substitución de fiestras | 142.986,50 € |
Vilasantar | CEIP de Présaras | Melloras sectoriais. Substitución de cuberta, de fiestras, e SATE | 284.598,95 € |
7 ACTUACIÓNS | 2.305.800 € | ||
CENTROS NOS QUE SE REALIZAN PEQUENAS OBRAS | |||
CONCELLO | CENTRO | ||
Arteixo | CEIP de Galán | ||
Arteixo | CEIP Ponte dos Brozos | ||
Betanzos | CEIP Francisco Vales Villamarín | ||
Betanzos | IES Francisco Aguiar | ||
Cambre | CEIP Wenceslao Fernández Flórez | ||
Cambre | IES Afonso X O Sabio | ||
Culleredo | CEIP Plurilingüe Ría do Burgo | ||
Culleredo | IES Rego de Trabe | ||
Curtis | CEIP de Teixeiro | ||
Mesía | CPI de Xanceda | ||
Oleiros | CEIP Juana de Vega | ||
Oleiros | CEIP Luís Seoane | ||
Oza-Cesuras | CEIP Plurilingüe Bragade | ||
Sada | CEIP Sada y sus Contornos | ||
Sada | IES Isaac Díaz Pardo | ||
15 CENTROS |