O 061 de Galicia asistiu 61 persoas por 49 accidentes de tráfico durante a fin de semana

Desde as 15,00 horas do venres, 30 de setembro ata as 23,59 horas do domingo, 2 de outubro, a Central de Coordinación de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 recibiu 61 chamadas por accidentes de tráfico

A Estrada (Pontevedra), 3 de outubro de 2022

Urxencias Sanitarias de Galicia-061 asistiu durante a fin de semana 61 persoas debido a 49 accidentes de tráfico ocorridos nas estradas galegas. O período contabilizado comprende desde as 15,00 horas do venres, 30 de setembro, ata as 23,59 horas do domingo, 2 de outubro. O sábadp foi o día que rexistrou máis sinistros, con 23 accidentes de tráfico.

 

A Central de Coordinación do 061, que xestiona e coordina os servizos prehospitalarios en casos de urxencia e emerxencia en Galicia, recibiu nestes días 61 chamadas en relación cos accidentes de tráfico. Estas alertas xeraron 49 asistencias sanitarias por parte do persoal do 061 que atendeu un total de 61 persoas. A proporción de homes e mulleres atendidos foi do 68% e do 32% respectivamente. Nas idades dos feridos, obsérvase que o 34% dos atendidos tiña entre 45 e 59 anos.

 

Por provincias, Pontevedra foi a que máis sinistros rexistrou con 20 accidentes de tráfico durante os desprazamentos destas datas.

 
Provincia
Accidentes
A Coruña
19
Lugo
7
Ourense
3
Pontevedra
20
Galicia
49
 

Os recursos sanitarios mobilizados polos médicos que atenderon as chamadas na Central de Coordinación do 061 foron 72. Así, as ambulancias asistenciais de soporte vital avanzado asistiron en 10 accidentes, o helicóptero medicalizado atendeu nunha ocasión, as ambulancias asistenciais de soporte vital básico asistiron en 53 sinistros e os equipos sanitarios de Atención Primaria que completan a dotación das ambulancias asistenciais de soporte vital básico do 061, no caso de necesitalo, prestaron asistencia sanitaria en oito accidentes.

 

En 55 casos os feridos foron trasladados aos centros sanitarios correspondentes, en cinco ocasións atendeuse no propio lugar do incidente e unha persoa faleceu no punto.

Imaxes relacionadas