Arias participa na inauguración da mostra coa que La Voz de Galicia celebra en Lugo o seu 140 aniversario
2022-09-29
https://multimedia.xunta.gal/portal-web/Imaxes/Novas/2022/Setembro/semana-05/290922 Exposicion 140 anos La Voz 1.jpg
Lugo, 29 de setembro de 2022
O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, participou hoxe na inauguración en Lugo da exposición itinerante coa que La Voz de Galicia está a celebrar o seu 140 aniversario.
O delegado felicitou ao director do xornal, Xosé Luís Vilela, e ao delegado en Lugo, Miguel Ángel Cabana, pola iniciativa e “pola larga historia que hai detrás desta cabeceira, que en definitiva reflicte o devir de Galicia e do mundo durante case século e medio”.
A exposición está instalada na rúa da Raíña e fórmana 17 cubos que recollen algúns dos principais acontecementos ocorridos desde a fundación do xornal, dando cabida tamén á información local.
Departamento:
C. de Presidencia, Xustiza e Deportes