Arias entrega aos lucenses Karina Pasarín e Javier Vázquez material de promoción do Xacobeo 21-22 para o maratón de Chicago

Lugo, 29 de setembro de 2022

O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, reuniuse hoxe co lucense Javier Vázquez, que xunto a Karina Pasarín, participará o vindeiro 9 de outubro na maratón de Chicago, unha das probas máis importantes do mundo na súa categoría. Os atletas tiñan previsto completar esta carreira o ano pasado pero a última hora tiveron que renunciar pola situación marcada polo coronavirus.

 

Arias fíxolle entrega de indumentaria deportiva promocional do Xacobeo 21-22 para que “sexan embaixadores de Galicia a través do noso patrimonio máis universal, que é o Camiño”. Chicago acolle unha das seis Majors -as mellores probas de 42,19 quilómetros do mundo-, xunto con Nueva York, Boston, Berlín, Londres e Tokio. Tamén é unha das de maior concorrencia; no 2019, a última edición previa á pandemia, acudiron case 46.000 corredores. No caso de Javier Vázquez, dase a circunstancia de que unha vez finalice a proba de Chicago recibirá a medalla que o acredita por ter rematados os seis majors, sendo ademais o primeiro galego que completa as seis carreiras.

Imaxes relacionadas