O Plan de Nova Arquitectura Pedagóxica ten comprometidas 38 actuacións en centros educativos de Santiago por máis de 7,1 M€
Trenor visitou o CPI Plurilingüe dos Dices en Rois que a Xunta investiu máis de 440.000 euros para mellorar os servizos, a eficiencia e comodidade do centro
O Goberno galego ten en marcha nesta comarca 19 grandes actuacións en distintas fases: rematadas, en execución, en licitación ou para próxima licitación este ano
A maiores, este verán realizáronse 19 obras de pequena ou mediana envergadura
Ademais, está en marcha a construción de dúas pistas multideporte no CEIP Campomaior de Ordes e no CEIP Barrié de la Maza de Santa Comba
O delegado da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, acompañado polo alcalde de Rois, Ramón Tojo e polo xefe territorial da Consellería de Cultura, Educación Formación Profesional e Universidades, Indalecio Cabana, visitou esta mañá o CPI Plurilingüe dos Dices. Trenor puxo en valor o importante investimento realizado neste centro no que se levaron a cabo obras de gran envergadura cun investimento de máis de 440.000 euros de substitución de cuberta (nos dous edificios), e substitución de fiestras nos edificios antigos.
Na visita o representante do Goberno galego avanzou o desenvolvemento do Plan de Nova Arquitectura Pedagóxica na comarca de Santiago, a folla de ruta para a modernización dos centros educativos cun novo modelo de escolas poscovid. A día de hoxe, a Xunta de Galicia ten comprometidos con esta comarca 7,1 millóns de euros en grandes obras en 19 centros educativos desta área nos concellos de Ames, Boqueixón, Dodro, Frades, Ordes, Negreira, Padrón, Rois, Santiago, Tordoia, Touro, Trazo e Val do Dubra. Estas actuacións atópanse en distintas fases: rematadas, en execución, en licitación ou para próxima licitación este ano
Nestas obras de gran envergadura a maior parte son rehabilitacións integrais e enerxéticas e melloras sectoriais, a través das que se mellora a eficiencia dos centros educativos (illamento térmico das fachadas, cambios de cubertas, cambio de fiestras, renovación de luminarias, etc).
No relativo ás obras de pequena e mediana envergadura realizáronse actuacións en 19 centros educativos de Ames, Boimorto, Frades, Ordes, O Pino, Rois, Santiago e Val do Dubra. Estas obras consistiron principalmente en reformas e adaptacións en diferentes zonas dos centros (como aseos e comedores), ampliacións de aulas, melloras de accesibilidade, actuacións nos peches dos recintos, así como traballos de modernización e para mellorar o confort de alumnos e profesores.
Así mesmo, o Goberno galego vai a confinanciar a construción de dúas pistas multideporte no CEIP Campomaior de Ordes e no CEIP Barrié de la Maza de Santa Comba por un importe total de 127.500 euros.
Folla de ruta pioneira
Trenor lembrou que Galicia conta desde 2021 cun Plan de Nova Arquitectura Pedagóxica co fin de adaptar os centros escolares ás novas necesidades educativas, sanitarias e tecnolóxicas, cun investimento de 191 M€ nesta lexislatura.
Trátase dunha iniciativa pioneira que busca reforzar un novo modelo de colexios e institutos na etapa poscovid, onde a arquitectura teña unha orientación educativa vinculada ás novas metodoloxías de aprendizaxe.
GRANDES OBRAS COMARCA SANTIAGO | |||
CONCELLO | CENTRO | TIPO DE OBRA | IMPORTE |
Ames | Novo CEIP no Milladoiro | Nova actuación | Por concretar |
Boqueixón | CPI Plurilingüe Antonio Orza Couto | Rehabilitación Integral | 828.634,40 € |
Dodro | CPI Plurilingüe Eusebio Lorenzo Baleirón | Rehabilitación Integral | 1.456.387,51 € |
Frades | CPI de Ponte Carreira | Melloras sectoriais. Cuberta e fiestras | 378.831,37 € |
Ordes | CEIP Alfonso D. Rodríguez Castelao | Melloras sectoriais. Substitución de fiestras e SATA en edificio de Infantil e ascensor | 146.702,01 € |
Ordes | CEIP de Mesón do Vento | Melloras sectoriais. Ascensor, pintado exterior do comedor e adaptación aseo | 143.472,60 € |
Negreira | CEIP O Coto | Melloras sectoriais. Renovación de fiestras | 225.058,85 € |
Padrón | CEIP Flavia | Rehabilitación Integral | 702.770,77 € |
Rois | CPI Plurilingüe dos Dices | Melloras sectoriais. Substitución de cuberta (nos dous edificios), e substitución de fiestras nos edificios antigos | 440.669,90 € |
Santiago de Compostela | CEIP de Vite I | Melloras sectoriais | 237.376,64 € |
Santiago de Compostela | CEIP Plurilingüe Mestre Rodríguez Xixirei | Rehabilitación Integral | 615.493,88 € |
Santiago de Compostela | IES Lamas de Abade | Rehabilitación Integral | 792.767,80 € |
Santiago de Compostela | CEE Manuel López Navalón | Instalación fotovoltaica | 28.973,96 € |
Santiago de Compostela | CEE A Barcia | Instalación fotovoltaica | 16.274,33 € |
Santiago de Compostela | CEE O Pedroso | Instalación fotovoltaica | 28.973,96 € |
Tordoia | CPI Pecalama | Melloras sectoriais. Cubertas dos edificios de Primaria e Secundaria | 397.526,35 € |
Touro | CPI Plurilingüe de Fonte-Díaz | Melloras sectoriais. Substitución de fiestras e pintura nas partes afectadas | 65.052,81 € |
Trazo | CPI de Viaño | Pequeno Melloras sectoriais. SATE, illamento de cuberta polo interior e falsos teitos, reparacións nos bordes de cubertas | 257.524,28 € |
Val do Dubra | CPI de Bembibre | Melloras sectoriais. Edificio orixinal: substitución de cuberta, renovando canlóns e baixantes, SATE e substitución fiestras corredeiras. Edificio Secundaria: arranxar encontro fachada - cuberta | 372.183,90 € |
19 ACTUACIÓNS | 7.134.675,32 € | ||
CENTROS NOS QUE SE REALIZAN PEQUENAS OBRAS COMARCA SANTIAGO | |||
CONCELLO | CENTRO | ||
Ames | IES Plurilingüe de Ames | ||
Ames | IES do Milladoiro | ||
Boimorto | CPI Armando Cotarelo Valledor | ||
Frades | CPI de Ponte Carreira | ||
Ordes | CEIP de Mesón do Vento | ||
Pino, O | CPI Camiño de Santiago | ||
Rois | CEIP Plurilingüe de Pumar-Urdilde | ||
Rois | CEIP Plurilingüe dos Dices | ||
Santiago de Compostela | CEIP Apóstolo Santiago | ||
Santiago de Compostela | CEIP dos Roxos | ||
Santiago de Compostela | CEIP Lamas de Abade | ||
Santiago de Compostela | CEIP Plurilingüe Mestre Rodríguez Xixirei | ||
Santiago de Compostela | CEIP Plurilingüe Monte dos Postes | ||
Santiago de Compostela | CEIP Pío XII | ||
Santiago de Compostela | CEIP Raíña Fabiola | ||
Santiago de Compostela | CEIP Ramón Cabanillas | ||
Santiago de Compostela | CIFP Compostela | ||
Santiago de Compostela | IES Eduardo Pondal | ||
Val do Dubra | CPI de Bembibre | ||
19 CENTROS |