A nova xerente do Sergas participa por primeira vez na reunión do Padroado de Urxencias Sanitarias de Galicia-061

O padroado estivo presidido polo conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña

Santiago de Compostela, 26 de setembro de 2022

A nova xerente do Servizo Galego de Saúde, Estrella López-Pardo, participou por primeira vez na reunión do Padroado da Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061, acto que tivo lugar hoxe pola mañá, no Edificio Administrativo do Sergas, baixo a presidencia do conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña.

 

Tamén asistiron á xuntanza o director xeral de Asistencia Sanitaria do Sergas, Jorge Aboal Viñas; a directora xeral de Recursos Humanos, Ana Comesaña Álvarez; a directora xeral de Recursos Económicos, María Jesús Piñeiro Bello; e a directora da Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Adriana Regueira Pan.