A Xunta lembra que o programa ‘Xuventude Mentoring’ permite mellorar a empregabilidade da mocidade galega

A Coruña, 23 de setembro de 2022

A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cristina Pichel, destacou o talento da xuventude galega durante a mesa redonda ‘El talento: demanda, evolución y formación’ organizada por Galicia Biodays na cidade da Coruña na que participou como moderadora. Neste encontro, participaron profesionais que traballan na captación de talento así como unha das titoras que participan no programa Xuventude Mentoring da Xunta de Galicia.

 

A directora xeral explicou que este programa permite a formación e mentorización de mozos e mozas para fomentar a súa empregabilidade. O Goberno galego inviste 500.000 euros nesta iniciativa, cofinanciada pola Iniciativa de Emprego Xuvenil e polo Fondo Social Europeo, que este ano abriu 250 prazas para mozas e mozos de entre 18 e 30 anos que acaban de rematar os seus estudos para facer posible unha efectiva transición da vida académica ao mercado laboral.

Imaxes relacionadas