A Xunta agradece á Fundación Menela por demostrar que unha sociedade máis igualitaria é posible

Santiago de Compostela, 23 de setembro de 2022

O director xeral de Persoas con Discapacidade, Fernando González Abeijón, recibiu esta mañá na praza do Obradoiro aos usuarios do centro de día e residencial Castro Navás, do que é titular a Fundación Menela, que realizaron o Camiño de Santiago desde Pontevedra. Durante o acto agradeceu a esta entidade o seu traballa diario por demostrar que unha sociedade máis igualitaria é posible.

 

Un grupo de 20 mozos e mozas con Trastorno do Espectro do Autismo (TEA) participaron neste proxecto denominado ‘Xacobeo Autismo. Un Camiño de todos’ e que forma parte do programa ‘O teu Xacobeo’. Ademais de realizar varias etapas do camiño, no marco desta iniciativa a Fundación Menela tamén puido contribuír a mellorar a accesibilidade do Camiño mediante a colocación de pictogramas en Concellos, Centros de Saúde ou albergues de peregrinos.

Imaxes relacionadas