O bono turístico “Quedamos en Galicia 2022” ten adheridos 65 establecementos na comarca de Bergantiños-Costa da Morte
O delegado da Xunta visitou, esta mañá, as Cabañas da Fonte en Canduas, un dos locais dispoñibles na selección deste bono que se reactivou o 15 de setembro ata o 31 de decembro
Estas axudas inxectaron máis de 380.000 euros nos establecementos turísticos desta área na convocatoria do ano pasado
O delegado da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, acompañado polo alcalde de Cabana de Bergantiños, José Muíño, lembrou esta mañá que desde o pasado xoves, 15 de setembro, xa está de novo activado o bono turístico “Quedamos en Galicia” que ten adheridos 65 establecementos na comarca de Bergantiños-Costa da Morte.
O delegado territorial subliñou que esta medida inxectou máis de 433.000 euros nos locais desta área que se uniron á campaña na edición anterior de 2021.
Trenor fixo estas declaracións, acompañado no transcurso dunha visita ás Cabañas da Fonte en Canduas un dos establecementos que se poden seleccionar, ubicado no Concello de Bergantiños-Costa da Morte, dentro das tarxetas deste bono no ano 2022.
O representante do Goberno galego subliñou que “chegamos ao remate desta terceira edición cun gran éxito de participación, tras dous anos de duras restriccións pola pandemia”. Neste senso, apuntou que “todos temos moitas ganas de saír por Galicia e boa proba diso foi a excelente acollida dos galegos a esta iniciativa turística”. Trenor destacou que con este plan queremos dinamizar e colaborar co noso potente sector turístico fora das datas de tempada alta”.
Trenor tamén destacou que “desde a Xunta eramos conscientes de que o turismo ía ser un dos motores da recuperación económica de Galicia trala pandemia, por iso estuvimos desde o primeiro momento do lado do sector con axudas por valor de 120 millóns de euros, cun obxectivo triplo: evitar a caída das empresas nos tempos de peche polas restricións sanitarias, adaptar os negocios aos protocolos e fortalecelos para a nova etapa que se abre agora, “cando Galicia aspira a liderar o sector a pechar o Xacobeo con cifras históricas”.
O delegado da Xunta rematou recalcando que “Galicia está de moda” e puxo en valor a profesionalidade do sector e a solidariedade e responsabilidade dos galegos na consecución destes fitos.
LOCALES ADHERIDOS NO BONO TURÍSTICO 2022 NA COMARCA DE BERGANTIÑOS-COSTA DA MORTE
DENOMINACIÓN | TIPOLOXÍA | MUNICIPIO | TOTAL POR MUNICIPIO |
CASA LUGAR DE TRASANDE | TURISMO RURAL | A LARACHA | 1 |
A CASA DA ESTRELLA | APARTAMENTOS | CABANA DE BERGANTIÑOS | 3 |
CABAÑAS DA FONTE | APARTAMENTOS | CABANA DE BERGANTIÑOS | |
TURISMO RURAL O XASTRE DE ANOS | TURISMO RURAL | CABANA DE BERGANTIÑOS | |
O MAR DE PRECIOSA | PENSIÓNS | CAMARIÑAS | 2 |
PLAYA DE CAMARIÑAS | PENSIÓNS | CAMARIÑAS | |
BALNEARIO DE CARBALLO | HOTEIS | CARBALLO | 6 |
MAR DE MENTA VIAXES | AXENCIAS DE VIAXES | CARBALLO | |
MAR DE QUEO | TURISMO RURAL | CARBALLO | |
MAR DE QUEO 2 | HOTEIS | CARBALLO | |
PUNTA DEL ESTE | HOTEIS | CARBALLO | |
RÍO SIL | PENSIÓNS | CARBALLO | |
A BALLENERA | PENSIÓNS | CEE | 10 |
AS EIRAS | HOTEIS | CEE | |
CABANAS DA RÍA | APARTAMENTOS | CEE | |
CABAÑAS DE LIRES | APARTAMENTOS | CEE | |
CASA JESÚS | TURISMO RURAL | CEE | |
CASA RAÚL | TURISMO RURAL | CEE | |
HOTEL INSUA | HOTEIS | CEE | |
PENSION LIRESCA | PENSIÓNS | CEE | |
RÍA DE LIRES | HOTEIS | CEE | |
TRAVELS TO FINISTERRE, S.L. | AXENCIAS DE VIAXES | CEE | |
APARTAMENTOS VIDA CORCUBION | APARTAMENTOS | CORCUBIÓN | 1 |
CASA DE SANTA UXÍA | TURISMO RURAL | DUMBRÍA | 2 |
HOTEL MAR DO EZARO | HOTEIS | DUMBRÍA | |
A CASIÑA DE DINA | VIVENDAS TURÍSTICAS | FISTERRA | 12 |
ALÉN DO MAR | HOTEIS | FISTERRA | |
APARTAMENTOS VIDA FINISTERRE | APARTAMENTOS | FISTERRA | |
CABAÑAS FISTERRA | APARTAMENTOS | FISTERRA | |
COSTA DA MORTE | HOTEIS | FISTERRA | |
HCABOSPORT | PENSIÓNS | FISTERRA | |
HOTEL MAR DA ARDORA NATUREZA E PRAIA | HOTEIS | FISTERRA | |
HOTEL MAR DE FISTERRA | HOTEIS | FISTERRA | |
HOTEL RÚSTICO FINISTERRAE | HOTEIS | FISTERRA | |
HOTEL VIDA FINISTERRE CENTRO | HOTEIS | FISTERRA | |
O SEMAFORO | HOTEIS | FISTERRA | |
PRADO DA VIÑA | HOTEIS | FISTERRA | |
A TORRE DE LAXE | HOTEIS | LAXE | 6 |
CABANAS NAREA | APARTAMENTOS | LAXE | |
CASA RURAL DE ARRUEIRO | TURISMO RURAL | LAXE | |
HOTEL MAR DE LAXE | HOTEIS | LAXE | |
HOTEL O NÁUTICO | HOTEIS | LAXE | |
PLAYA DE LAXE | HOTEIS | LAXE | |
A CASA DA VASCA | PENSIÓNS | MALPICA DE BERGANTIÑOS | 2 |
CABANAS DE VENDAVAL | CÁMPINGS | MALPICA DE BERGANTIÑOS | |
A DE LOLÓ | HOTEIS | MUXÍA | 13 |
APARTAMENTOS VIDA MUXIA | APARTAMENTOS | MUXÍA | |
CAMIÑO DA BARCA | APARTAMENTOS | MUXÍA | |
CASA CASTIÑEIRA | TURISMO RURAL | MUXÍA | |
CASA DAS FIADEIRAS DE NEMIÑA | TURISMO RURAL | MUXÍA | |
CASA DE LEMA | PENSIÓNS | MUXÍA | |
CASA FONTEQUEIROSO | HOTEIS | MUXÍA | |
ET SUSEIA | ALBERGUES | MUXÍA | |
HOSTEL MONATERIO DE MORAIME | ALBERGUES | MUXÍA | |
LA CRUZ | HOTEIS | MUXÍA | |
PARADOR COSTA DA MORTE | HOTEIS | MUXÍA | |
PRAIA DO CAPITAN | APARTAMENTOS | MUXÍA | |
SOLPOR DO COÍDO | PENSIÓNS | MUXÍA | |
CASA DO CASEIRO | APARTAMENTOS | PONTECESO | 2 |
PLAYA DE OSMO | APARTAMENTOS | PONTECESO | |
A CASA DA CANLE | APARTAMENTOS | VIMIANZO | 3 |
CASAS DA FONTENLA | APARTAMENTOS | VIMIANZO | |
PASTORIZA | PENSIÓNS | VIMIANZO | |
CASA DO RELOJERO | PENSIÓNS | ZAS | 2 |
CASA DO VENTO | HOTEIS | ZAS | |
TOTAL COSTA DA MORTE | 65 |