A Xunta participa na presentación do festival Cantos na Maré que terá lugar esta semana en Santiago no marco dos Concertos do Xacobeo

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, participou hoxe na rolda de prensa de presentación do festival que acada a súa XVIII edición

Cantos na Maré terá lugar en Santiago de Compostela do 21 ao 25 de setembro

Santiago de Compostela, 19 de setembro de 2022

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, participou hoxe na rolda de presentación do festival Cantos na Maré, que terá lugar en Santiago de Compostela do 21 ao 25 de setembro, no marco dos Concertos do Xacobeo.

 

Durante a súa presentación, a directora de Turismo de Galicia salientou que “este festival, nacido como lugar de encontro de artistas, letristas, músicos, poetas e escritores galegos, unidos polos sentimentos e valores culturais do universo galego-portugués é, sen dúbida algunha, unha aportación inconmensurable á oferta cultural galega, especialmente neste Ano Santo que estamos a celebrar”.

Neste senso, salientou a importancia deste tipo de eventos que axudan a que Galicia teña visibilidade nacional e internacional como destino hospitalario, creativo, innovador e con fondas raíces pero cunha gran capacidade para reinterpretarse sen esquecer a tradición.

 

O cartel inicial desta XVIII edición inclúe a banda escocesa Capercaillie, que actuará coa Real Filharmonía de Galicia, a artista angolana Pongo, os brasileiros Orquestra Voadora e ' title='https://mare.gal/artistas/chico-cesar/">'>https://mare.gal/artistas/chico-cesar/">Chico César, o trío do Rajasthan Barmer Boys, as catalás Maruja Limón, a arxentina Sofía Viola e as galegas Guadi Galego e ' title='https://mare.gal/artistas/antia-muino/">'>https://mare.gal/artistas/antia-muino/">Antía Muíño

Co Parque de Bonaval como centro neurálxico desta XVIII edición, Maré 22 reservará outras localizacións da cidade, como o Auditorio de Galicia, o Teatro Principal, a Sala Capitol ou a Praza da Quintana para a celebración de actuacións puntuais.