Francisco Conde, nomeado Cabaleiro da Orde da Mencía na Festa da Vendima do Saviñao
2022-09-18
https://multimedia.xunta.gal/portal-web/Imaxes/Novas/2022/Setembro/semana-04/IMG_8510.jpg
O Saviñao (Lugo), 18 de setembro de 2022
O vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, asistiu esta mañá á primeira Festa da Vendima do Saviñao na que foi nomeado Cabaleiro da Orde da Mencía.
Con esta celebración -realizada na Devesa de Escairón-, A Ribeira Sacra completa o seu calendario festivo de exaltación do viño ao incorporar a primeira festa destinada á vendima.
Departamento:
C. de Economía e Industria