A Xunta participa na presentación do FestiOrdes que terá lugar o vindeiro venres no marco dos Concertos do Xacobeo

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, participou hoxe na rolda de prensa de presentación do festival
 

O cartel desta edición inclúe a artistas como como Dios ke te crew, Monoulious dop, Xabier Díaz e Adufeiras de Salitre
 

Ordes, 16 de setembro de 2022

A directora de Turismo, Nava Castro, participou hoxe na rolda de presentación do FestiOrdes xunto ao concelleiro de Cultura da localidade. O evento terá lugar neste concello o vindeiro venres 23 de setembro.

 

Na súa intervención, Nava Castro destacou a importancia da sinerxía entre administracións para a celebración deste Xacobeo, onde se conseguiu que “este Ano Santo e todas as celebracións ao seu arredor acaden o éxito internacional e sexan un elemento tractor e dinamizador do sector turístico, elevando a Galicia como un dos destinos máis relevantes do territorio español”.

As nosas festas son un dos maiores patrimonios turísticos e culturais cos que conta Galicia. Permítennos visibilizar o noso espírito alegre e de celebración, amosando o mellor da nosa sociedade e dos nosos recursos naturais, culturais e enogastronómicos”, indicou Castro.

O cartel desta edición inclúe a artistas como como Dios ke te crew, Monoulious dop, Xabier Díaz e Adufeiras de Salitre.Así, a directora de Turismo de Galicia destacou a importancia destes concertos que, enmarcado dentro dos Concertos do Xacobeo, “encarnan que a cultura e as festividades que percorren todo o territorio neste Ano Santo, cunha oferta sen parangón para todos os públicos”.

 

Mediante o apoio da Xunta a este tipo de iniciativas, dende o goberno da comunidade apóstase pola diversificación e desestacionalización da celebración do Xacobeo 21-22, cunha oferta cultural con máis de 500 artistas repartidos en máis de 100 concertos e festivais por todo o noso territorio.

Imaxes relacionadas