O delegado territorial da Xunta en Ourense participa na presentación do 10º Rallye Ourense Ribeira Sacra
2022-09-15
https://multimedia.xunta.gal/portal-web/Imaxes/Novas/2022/Setembro/semana-03/Presentacion-Rally-1.jpg
Ourense, 15 de setembro de 2022
O delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, participou esta mañá na presentación do 10º Rallye Ourense Ribeira Sacra que se desenvolverá os días 16 e 17 de setembro na contorna do concello de Nogueira de Ramuín.
Organizado pola Escudaría Luintra, os tramos, con leves variacións, son os mesmos que en 2021 e o listado de inscritos é lixeiramente superior a edición anterior.
Departamento:
C. de Presidencia, Xustiza e Deportes