Fernández-Tapias anuncia o concerto do galego Fredi Leis en Vigo dentro da programación do Xacobeo 21-22
A delegada territorial da Xunta en Vigo avanza que o cantante actuará o vindeiro 25 de novembro (21:00 horas) no Teatro Afundación
O cantautor compostelán, teloneiro de artistas como Rozalén, Malú ou Alejandro Sanz, presentará o seu novo álbum: “Temas privados”
A delegada territorial da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, anunciou este martes unha nova data da programación musical dos Concerto do Xacobeo en Vigo. Trátase da actuación do cantautor compostelán Fredi Leis, que presentará o vindeiro 25 de novembro (21:00 horas) no Teatro Afundación o seu novo álbum “Temas privados”.
As entradas para este novo evento do Xacobeo 21-22 sairán á venda na plataforma www.ataquilla.com este 15 de setembro ás 10:00 horas. A representante autonómica destacou a presenza do artista como un novo atractivo cultural para a cidade. “O Xacobeo seguirá moi presente en Vigo durante os últimos meses do ano e aínda quedan varias citas para desfrutar da música”, sinalou.
Frei Leis lembrará éxitos de traballos anteriores e presentará, por primeira vez en directo, o seu novo disco “Temas Privados”, un proxecto con 10 cancións inéditas como 'La Novena’, ‘Deja Vu’ ou ‘Nivel Experta’. Cun directo espectacular, o galego esgota localidades alá onde actúa, sendo teloneiro de artistas como Rozalén, Malú ou Alejandro Sanz.
Mayumaná y Fito y Fitipaldis
Ademais, Fernández-Tapias destacou que este vindeiro domingo (21:00 horas) pecharase o Ciclo Xacobeo Vigo coa actuación do grupo Mayumaná no Auditorio Mar de Vigo. Tamén no mesmo escenario estará o grupo Fito y Fitipaldis o 28 de outubro (21:30 horas), tamén dentro da programación dos Concertos do Xacobeo.
Calendario musical do Xacobeo en Vigo
Xacobeo Importa:
17 de xuño: Pat Metheny – Auditorio Mar de Vigo
26 de xuño: Marisa Monte – Afundación
7 de xullo: Agnes Obel – Afundación
10 de xullo: Leon Bridges – Auditorio Mar de Vigo
Ciclo Xacobeo Vigo (Auditorio Mar de Vigo):
6 de xullo: Fat Freddy’s Drop
17 de xullo: Steve Vai
22 de xullo: Yann Tiersen
9 de agosto: Texas
Festival Latitudes: (Porto de Vigo)
19 de agosto: Two Door Cinema Club, Mando Diao, Bala e Zalomon Grass
20 de agosto: Iggy Pop, The Vaccines, Aphonic, Furious Monkey House
Festival Música Urbana: 27 de agosto (Porto de Vigo)
Fernando Costa
Prok
Quevedo
Califato
Sila Lúa
Safree
Fito y Fitipaldis: 28 de outubro no Auditorio Mar de Vigo
Fredi Leis: 25 de novembro no Teatro Afundación