A Xunta presenta o festival 'Caudal Fest' como exemplo dunha programación diversificada neste Xacobeo

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, e o delegado da Xunta en Lugo, Javier Arias, participaron na presentación deste festival que terá en Lugo esta fin de semana
 

O evento contará con artistas de renome como Izal, León Benavente, Estopa, Ilegales, Robe ou Morad

Lugo, 13 de setembro de 2022

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, e o delegado da Xunta en Lugo, Javier Arias, participaron hoxe na presentación do 'Caudal Fest', o cal se celebrará os días 16 e 17 de setembro en Lugo, no marco dos concertos do Xacobeo.

 

Durante a súa presentación, Nava Castro fixo fincapé na importancia deste tipo de eventos musicais que permitan situar a Galicia no mapa, de forma especial no ámbito internacional, promocionando o Camiño e Galicia entre os visitantes.

 

Neste senso, salientou estas iniciativas que permiten xeran sinerxías entre administracións, favorecendo a chegada de artistas de fama mundial ao noso territorio e que contribúen a que Galicia se converta nun faro de cultura.

 

“Grazas a estes eventos musicais que moven a miles de persoas, dende Galicia temos a posibilidade de mostrar o que leva séculos facendo eterna a Galicia, o azul do seu mar, o verde dos seus campos, a riqueza da nosa enogastronomía e o carácter do noso pobo,” indicou a directora de Turismo de Galicia.

 

O evento contará con artistas de renome no ámbito nacional e internacional como Izal,  León Benavente, Estopa, Ilegales, Robe ou Morad.

Imaxes relacionadas