A Xunta participa na homenaxe a Luis Calviño Pueyo, director de Cáritas Interparroquial de Santiago

Porto do Son (A Coruña), 11 de setembro de 2022

O director xeral de Inclusión Social, Arturo Parrado, e a directora xeral de Xuventude Participación e Voluntariado, Cristina Pichel, asistiron hoxe ao acto en homenaxe a Luis Calviño Pueyo, que foi director de Cáritas Interparroquial de Santiago.

 

Calviño Pueyo faleceu o pasado 13 de maio. Na homenaxe, celebrada no albergue xuvenil Arnela, en Porto do Son, honrouse o seu labor social centrada no acompañamento de persoas desamparadas.