A Xunta participa na gala polo 40 aniversario da asociación Ámbar

Ribeira (A Coruña), 10 de setembro de 2022

O director xeral de Persoas con Discapacidade, Fernando González Abeijón, participou hoxe na gala organizada polo 40 aniversario da asociación Ámbar, celebrada no Restaurante Baiuca da localidade coruñesa de Ribeira.

 

Fernando González Abeijón puxo en valor a dilatada experiencia da entidade ribeirense traballando a diario para mellorar a calidade de vida das persoas con discapacidade e das súas familias. Por iso, recordou que hai un ano a Xunta de Galicia incrementou as prazas financiadas nos centros da asociación Ámbar ata chegar ás 69, un 50% máis que no 2009.