A Xunta colabora co encontro entre voluntariado, persoas xordocegas e persoas xordas en risco de exclusión social

Lugo, 10 de setembro de 2022

A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cristina Pichel, participou hoxe no XVIII Encontro de Voluntariado, Persoas Xordocegas e Persoas xordas en risco de exclusión social, organizado pola Federación e asociación de Persoas Xordas de Galicia, que se celebra esta fin de semana no Albergue Lug II e no que colabora a Xunta.

 

Esta iniciativa conta con actividades durante o sábado e o domingo. Os participantes desfrutarán dunha visita á Aldea das Formigas, cunha visita guiada por Lugo, e por outras actividades como rocódromo. Pola súa banda, Cristina Pichel enxalzou o importante papel que ten o voluntariado para ás persoas xordocegas ou xordas, de cara á súa inclusión social.