A Xunta de Galicia pon en valor a oferta termal baseada na excelencia e calidade da nosa comunidade

A directora de Turismo de Galicia participou hoxe no curso “Termalismo en el oeste de la península Ibérica” mediante unha conferencia sobre as oportunidades de Galicia neste eido

Caldas de Reis (Pontevedra), 9 de setembro de 2022

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, deu hoxe unha conferencia sobre termalismo dentro do curso que está tendo lugar en Caldas dende o 4 de setembro ao día 10.

Durante a súa intervención, Nava Castro destacou a aposta da Xunta de Galicia polo termalismo, que ten unha gran incidencia nos territorios no que ten lugar gracias a súa capacidade para diversificar e desestacionalizar a oferta turística, así como o fomento do turismo interno e externo.

 

Ademais, incidiu en que este sector encaixa na aposta do Goberno galego por un modelo de turismo baseado na seguridade, a calidade e a sustentabilidade, como se recolle no Plan Galicia Destino Seguro 2021-2023 no que a Xunta traballa da man co Agrupación industrial Turismo de Galicia e as tres universidades galegas.

 

Por iso, destacou as opcións de crecemento deste segmento turístico tendo en conta as demandas dos viaxeiros no escenario postcovid na busca dun turismo tranquilo e experiencias innovadoras relacionadas co turismo de saúde e benestar.

 

Temos ben claro que co termalismo temos en Galicia un dos produtos turísticos máis especializados e singulares co que é posible chegar a perfiles de turistas distintos e mesmo incluílo en ofertas combinadas con outras propostas, cumprindo con dous dos piares do turismo galego: desestacionalizar e diversificar a oferta turística” indicou a directora de Turismo de Galicia.

 

Galicia sitúase como líder no conxunto do Estado en canto á oferta mineromedicinal, e tamén é a comunidade con maior número de distintivos de calidade nos establecementos termais, con 6 establecementos coa distinción de Q de Calidade Turística na nosa comunidade.

Imaxes relacionadas