Na visita desta mañá ao CEIP Padre Crespo de Xunqueira de Ambía
Gabriel Alén destaca o esforzo inversor da Xunta en materia educativa na provincia de Ourense
O delegado territorial explicou que na provincia de Ourense, o investimento neste momento ascende xa a 10,5M€ e ten en carteira outras 6 grandes obras, por 5,6M€, cuxos proxectos prepara nestes momentos
O curso 2022/23 que comeza hoxe para un total de 29.398 alumnos de Infantil, Primaria, Educación Especial, ESO e Bacharelato cun descenso xeneralizado da matrícula en todas as ensinanzas, agás na ESO e no Bacharelato
O obxectivo, como afirmou, “é manter o nivel do noso ensino”, un “modelo de éxito” grazas ao que hoxe “acadamos os mellores resultados académicos da nosa historia, cunha redución do abandono escolar de case 18 puntos, ata mínimos históricos, ou o liderado en estudos de prestixio a nivel internacional como o informe PISA”
O delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, visitou esta mañá, acompañado do alcalde, José Luís Gavilanes, o CEIP Padre Crespo de Xunqueira de Ambía, coincidindo co inicio do curso escolar.
Gabriel Alén explicou que na provincia de Ourense o curso comeza cun forte investimento en obras, que neste momento ascende xa a 10,5M€. En concreto, están en marcha 18 grandes actuacións por 9,4M€ que se atopan en distintas fases en función dos prazos previstos: rematadas, en execución, en licitación ou para próxima licitación. Ademais, este verán lévanse a cabo outras 62 pequenas intervencións de menor envergadura por 1,1M€. Tamén avanzou que a Xunta ten en carteira outras 6 grandes obras, por 5,6M€, cuxos proxectos prepara nestes momentos.
O delegado territorial sinalou que estas obras forman parte do Plan de Nova Arquitectura Pedagóxica, a folla de ruta do Goberno autonómico, dotada con 191M€, para deseñar un modelo pioneiro de escolas poscovid que mellora o día a día de alumnos e profesorado, moderniza e adapta os edificios ás novas metodoloxías educativas e contribúe ao aforro enerxético.
O curso 2022/23 que comeza hoxe para un total de 29.398 alumnos de Infantil, Primaria, Educación Especial, ESO e Bacharelato cun descenso xeneralizado da matrícula en todas as ensinanzas, agás na ESO e no Bacharelato, cun lixeiro incremento próximo ao 1%.
Posta en marcha de novos plans
Neste sentido, avanzou que a Xunta traballa para dar luz verde este outono a novos plans en ámbitos como a convivencia ou a inclusión, entre outros proxectos.
O obxectivo, como afirmou, “é manter o nivel do noso ensino”, un “modelo de éxito” grazas ao que hoxe “acadamos os mellores resultados académicos da nosa historia, cunha redución do abandono escolar de case 18 puntos, ata mínimos históricos, ou o liderado en estudos de prestixio a nivel internacional como o informe PISA”.
“Tras a pandemia, na que o sistema mostrou a súa fortaleza coa implicación de todas as persoas da comunidade escolar, cómpre avanzar e non conformarnos”, resumiu.
Datos de matrícula
En total, serán 194 os centros educativos que inician hoxe a súa actividade, dos que 160 son de titularidade pública. O resumo do alumnado que estuda neles é o seguinte:
Etapas | Curso 2022/23 |
Educación Infantil | 4.781 |
Educación Primaria | 12.326 |
Educación Especial | 111 |
ESO | 9.068 |
Bacharelato ordinario | 3.112 |
Total | 29.398 |
Etapas | C. Públicos | C. Privados non Concertados | C. Privados Concertados | TOTAL | |
Educación Infantil | 3.279 | - | 1.502 | 4.781 | |
Educación Primaria | 8.206 | 4.120 | 12.326 | ||
Educación Especial | 69 | 42 | 111 | ||
ESO | 5.785 | 145 | 3.138 | 9.068 | |
Bacharelato ordinario | 2496 | 616 | 3.112 | ||
Total | 29.398 | ||||