A Xunta trae o próximo día 17 ao Teatro Jofre a Gala Internacional de Maxia de Ferrol

A delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, presentou esta mañá o evento que forma parte do festival “Galicia Ilusiona”


Martina Aneiros destacou o espectáculo, incluído dentro da programa cultural do Xacobeo 21-22 e puxo en valor o respaldo da Xunta á iniciativa
 

Ferrol, 6 de setembro de 2022

A delegada da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, acompañada dos directores do festival “Galicia Ilusiona”, Dani Polo e Pedro Bugarín, presentou esta mañá a Gala internacional de Maxia de Ferrol que terá lugar o próximo día 17 de setembro no teatro Jofre.

Este evento, que suporá o prato forte deste festival de ilusionismo, achegará á cidade aos cinco mellores magos do mundo -o francés Arnó; Jimmy Delp, de Estados Unidos; a maga chinesa Huang Zheng; o artista coreano Hyunjoon Kim e o galego Dani Polo, especialista en grandes ilusións-. A gala estará presentada pola comunicadora galega do momento, Esther Estévez.

As entradas para acudir a este evento xa están á venda na páxina web da propia organización: https://galiciailusiona.es/. O custo é de 12 euros.

 

Dentro do festival “Galicia Ilusiona” tamén chegará a Ferrol o programa Maxia Solidaria, un percorrido polas unidades pediátricas dos hospitais galegos no que artistas da talla do Mago Teto, Chacho Samena ou Patri Zenner achegarán os seus mellores xogos de maxia ao nenos que non poden acudir aos espectáculos. No caso de Ferrol, esta cita terá lugar na Unidade de Pediatría do CHUF nunha data por determinar.

A delegada da Xunta puxo en valor o respaldo da Xunta ao evento incluído na programación cultural do Xacobeo 21-22 e que “ten como vocación converter a nosa comunidade en referente e epicentro da maxia ata o próximo mes de outubro.

Imaxes relacionadas