Trenor anima a veciños e visitantes a viaxar ao medievo para participar na XV edición da Feira do Románico de Negreira

Negreira  (A Coruña),  3 de setembro de 2022

O delegado da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, participou esta mañá no acto de inauguración da XV Feira do Románico que se prolongará ata mañá domingo e que se inspira no regreso ao medievo e a unha época moi concreta e de fecundos froitos na memoria de val da Barcala: o románico.

 

Trenor animou a todos os veciños e visitantes a aproveitar este evento festivo para que sirva como un empurrón económico e como atractivo turístico que beneficie a todos os sectores, especialmente ao comercial, ao artesá e ao gastronómico.

Imaxes relacionadas