A Xunta e o Colexio de Médicos de Ferrol analizan a posibilidade de darlle un uso social á antiga sede da entidade

A asociación está a ultimar o seu traslado a un novo local e procura darlle un fin de índole social á instalación que quedará en desuso

Santiago de Compostela, 2 de setembro de 2022

O director xeral de Maiores e Atención Sociosanitaria, Antón Acevedo, e o presidente do Colexio de Médicos de Ferrol, Luciano Vidán, analizaron hoxe a posibilidade de outorgarlle un uso social á antiga sede da organización, emprazada na Praza do Callao.

Esta asociación está a ultimar o seu traslado a un novo local e, por esta mesma razón, quere colaborar co Goberno galego para outorgarlle unha función social a este local no que estivo traballando durante anos.

Así, o director xeral de Maiores e Atención Sociosanitaria visitou hoxe o inmoble, que pode ser utilizado como vivenda, co presidente da organización, co xerente colexial, Francisco Vilanova; o subdirector xeral de Envellecemento Activo, Prevención da Dependencia e Innovación Sociosanitaria, Alfredo Silva; e a exvicepresidenta do Colexio de Médicos de Ferrol e actual vicesecretaria do Consejo General de Colegios Oficiales de Médicos de España, Rosa Arroyo.

Imaxes relacionadas