Política Social participa na homenaxe de Fundación San Rosendo ás persoas maiores

Baños de Molgas (Ourense), 1 de setembro de 2022

O director xeral de Maiores e Atención Sociosanitaria, Antón Acevedo, participou hoxe na homenaxe que rendeu a Fundación San Rosendo ás persoas maiores.

 

Antón Acevedo quixo formar parte nesta xornada na que se pon en valor o papel das persoas maiores na sociedade. Neste sentido, salientou o compromiso da Xunta de Galicia coas persoas de máis idade, tanto na mellora da atención que necesiten como na posta en marcha de programas de envellecemento activo, que lles permitan continuar autónomos o máximo tempo posible.

Imaxes relacionadas