A Xunta participa no pleno da Conferencia Sectorial do Reto Demográfico

Santiago de Compostela, 1 de setembro de 2022

O director xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, Jacobo Rey, participou no pleno da Conferencia Sectorial do Reto Demográfico celebrado esta mañá por videoconferencia entre o Ministerio para la Transición Ecológica y Reto Demográfico e representantes das comunidades autónomas.

 

Entre os asuntos abordados durante a reunión, debateuse a distribución dos fondos correspondentes ao fondo de Cohesión Territorial, destinado a financiar proxectos de impulso demográfico no ámbito local. Así mesmo, tamén se informou sobre posibles medidas en materia de demografía e loita conta o despoboamento.

Imaxes relacionadas