A Xunta recibe no obradoiro aos peregrinos do Camiño de Santiago accesible promovido por ASCM

Santiago de Compostela, 1 de setembro de 2022

O director xeral de Persoas con Discapacidade, Fernando González Abeijón, recibiu esta mañá na praza do Obradoiro aos participantes no Camiño de Santiago accesible promovido pola Asociación Sociocultural ASCM. Trátase dun grupo de peregrinos, con e sen discapacidade, que desde o pasado día 23 de agosto percorren o Camiño Inglés desde Ferrol.

 

Durante o encontro, o director xeral destacou a variedade do grupo, formado por peregrinos de distintas organizacións sociais de toda España, e enxalzou o papel de ASCM á fronte desta e outras iniciativas de marcado carácter social. Ademais, sinalou que esta actividade promove un Camiño para todas as persoas, un labor de difusión e sensibilización que se fai especialmente importante neste Ano Xacobeo.

Imaxes relacionadas